No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 31 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases específicas das prazas de persoal funcionario (analista informático, economista, enxeñeiro/a de camiños, enxeñeiro/a industrial, enxeñeiro/a de montes, delineante, diplomado/a en Enfermaría, inspector/a control concesionarias, programador/a informático, técnico/a auxiliar seguridade e mobilidade, técnico/a de sistemas, técnico/a medio de servizos económicos, técnico/a superior actividades culturais e educativas) e persoal laboral (capataz) incluídas nesta terceira fase da convocatoria.
As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2020, 2021 e 2022 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 3 de xuño de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre, e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal, www.vigo.org
Vigo, 31 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución de Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución de Alcaldía do 28.6.2024
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
