A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2025, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2025, comprensiva das seguintes prazas:
Persoal funcionario
|
Vacante |
Denominación |
Grupo/subgrupo |
Escala/subescala/clase |
Quenda |
|
1 |
Oficial policía |
C1 |
Administración especial |
Promoción interna |
|
1 |
Axente policía |
C1 |
Administración especial |
Libre |
|
1 |
Técnico Medio Ambiente |
A2 |
Administración especial |
Libre |
O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndolles ás persoas interesadas que contra o dito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso de optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que se poderá entender desestimado por silencio administrativo.
O Rosal, 30 de xaneiro de 2025
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa
