DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 14016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2023.

Ao abeiro do indicado no artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, faise público que a oferta de emprego público do Concello de Dodro correspondente a 2023 foi aprobada pola Resolución da Alcaldía 728/2023 e que resolve, entre outros, aprobar a oferta ordinaria de emprego público para o exercicio 2023, que contén as seguintes prazas:

Cód. RPT

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Denominación

1004

C

C1

Escala Administración xeral, subescala administrativa

Administrativo

Dodro, 20 de decembro de 2024

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde