DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 14017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello da Gudiña, do 29 de xaneiro de 2025, e dada a necesidade de completar, ata un total de 12 membros, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) deste concello, que na actualidade conta con 11 integrantes, acordouse aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, a cal contén a praza que se cita a seguir:

• Persoal laboral.

• Acceso libre.

• Praza: 1 peón G.E.S. (Grupo de Emerxencias Supramunicipal).

• Sistema: concurso-oposición.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Gudiña, 3 de febreiro de 2025

Néstor Ogando Blanco
Alcalde