A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante as resolucións do 18.12.2024 e 13.1.2025 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:
– María Regina Quinteiro Fondevila, con DNI ***1294**, para ocupar unha praza de aparellador/a-arquitecto/a técnico/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Marcos José Jalda Blanco, con DNI ***6597**, para ocupar unha praza de operario da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Pablo Lores Casas, con DNI ***7604**, para ocupar unha praza de operario da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
– Víctor González Cortegoso, con DNI ***1290**, para ocupar unha praza de operario da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos/as interesados/as ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme a dereito.
Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira da Área de Servizos non Territorializados
