A Concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 14 de xaneiro de 2025, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:
– Iván Iglesias García, con DNI ***1736**, para ocupar unha praza de policía do corpo da Policía Local, da escala básica de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Martín Vázquez López, con DNI ***0220** , para ocupar unha praza de policía do corpo da Policía Local, da escala básica de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.
Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
