En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Muxía.
CIF: ***0530**.
Expediente: DH.A15.81982.
Volume total anual: 143.841 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 4,6 l/s.
Orixe:
Manancial 1 Sobremonte. x= 482.567; y= 4.767.392.
Manancial 3 Sobremonte. x= 482.659; y= 4.767.205.
Manancial Morquintián. x= 482.216; y= 4.766.012.
Manancial Aberturas. x= 482.200; y= 4.767.460.
(Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Vilela de Morquintián (Sobremonte 1, Sobremonte 3 e Aberturas) e Prado (Morquintián).
Parroquia: Morquintián (Santa María).
Concello: Muxía (A Coruña).
Destino: abastecemento e gandeiro.
Lugar: Zona Sobremonte: A Casa do Monte, Cebráns, Ozón, Quintáns, San Martiño, Vilar de Sobremonte e Leis.
Zona Prado: Añobres, Cartel, Os Castelos, Ribas, Risamonde, Serantes, Vilamaior, Vilariño e Xanzón.
Parroquia: Zona Sobremonte: Ozón (San Martiño) e Leis (San Pedro).
Zona Prado: Moraime (San Xulián).
Concello: Muxía (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase de catro captacións de mananciais, dúas para a zona de abastecemento de Sobremonte (mananciais Sobremonte 1 e 3, que se unen nunha arqueta de reunión) e dúas para a zona de abastecemento de Prado (mananciais Morquintián e Aberturas).
As captacións atópanse nas seguintes referencias catastrais:
– Manancial 1 Sobremonte: 15053A032002880000RO.
– Manancial 3 Sobremonte: 15053A036000050000RD.
– Manancial Morquintián: 15053A035003760000RM.
– Manancial Aberturas: 15053A031001420000RY.
As augas almacénanse en dous depósitos de 225 m3 situados nas parcelas 15053A020000320000RE (depósito Sobremonte) e 15053A035003760000RM (depósito Prado).
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º piso, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderase solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 9 de xaneiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
