DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 14008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0768/2024-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0768/2024-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 11 de febreiro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0768/2024-PPM

78810693C

Inicio

Albeida, 9, San Cosme, 15287 Outes (A Coruña)

PSC-CO-0844/2024-V

54705863H

Inicio

Praza Alcaldesa Berta Tapia, 6, 6º esqda., 15011 A Coruña

PSC-CO-0845/2024-V

53119497P

Inicio

r/ Touro, 28, 1º D, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0912/2024-PPM

35624930T

Inicio

r/ Eugenio Carré Aldao, 12, 4º esqda., 15007 A Coruña

PSC-CO-0943/2024-ORS

47360839K

Inicio

Fontiña, 17, Corme, 15110 Ponteceso (A Coruña)

PSC-CO-0977/2024-PRE

52936324F

Inicio

Lg. Rates, 26, San Cosme, 15287 Outes (A Coruña)