DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 13964

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 19 de febreiro de 2025 pola que se publican as bolsas de mobilidade destinadas ao estudantado participante no programa SICUE no curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 805712.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/805712).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso 2024/25 en titulacións oficiais de grao en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).

Ter solicitada a praza na convocatoria de mobilidade SICUE para o curso académico 2025/26.

Segundo. Obxecto

O obxecto das bolsas é atender o custo económico que supón a participación no programa de mobilidade do Sistema de intercambio entre centros universitarios (SICUE) coa finalidade de que ninguén quede excluído da mobilidade por razóns económicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de mobilidade destinadas ao estudantado da Universidade de Vigo participante no programa SICUE no curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de vinte e cinco mil euros (25.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 20 de febreiro ata o 14 de marzo de 2025.

Vigo, 19 de febreiro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade