En cumprimento do disposto no artigo 63.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de xaneiro de 2025, co seguinte texto literal:
«Determinar os ingresos para o acceso ás vivendas protexidas segundo o documento anexo:
O citado acordo producirá efectos desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo
ANEXO
|
Clase de vivenda protexida |
Modalidade/Réxime |
Tramos de ingresos máximos |
|
Vivenda de promoción pública (VPP) |
Con carácter xeral |
3 veces IPREM* |
|
En núcleo rural e conxuntos históricos |
5,5 veces IPREM |
|
|
Vivenda de protección autonómica (VPA) |
Especial |
3,5 veces IPREM |
|
Xeral |
5 veces IPREM |
|
|
Concertado |
6,5 veces IPREM |
*Indicador público de renda de efectos múltiples
O número de veces do IPREM ponderarase en función dos seguintes coeficientes multiplicativos, segundo corresponda:
Familias dun membro: 1,00.
Familias de dous membros: 0,90.
Familias de tres membros: 0,80.
Familias de catro membros: 0,75.
Familias de cinco ou máis membros: 0,70.
Se a vivenda estivese situada nun concello dos declarados como ámbitos territoriais de prezo máximo superior (ATPMS), aplicarase o tramo seguinte ao que lle correspondese.
Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese conforme o previsto nos puntos anteriores.
No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos/as e non nacidos/as contarán como membros da unidade familiar para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación da adopción en trámite.
No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, os ingresos de cada unidade familiar, convertidos en número de veces ao IPREM e ponderados conforme o previsto nos puntos anteriores sumaranse e o importe total nunca poderá ser superior ao límite de ingresos exixidos para o acceso á vivenda de que se trate.
Para o acceso á compra dunha vivenda protexida deberá acreditarse que os ingresos familiares non sexan inferiores a 0,7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicativos correctores previstos para a ponderación de ingresos».
