DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2025, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de clave PO/12/070.01.3.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1. Treito: enlace Rande-enlace Cangas. Subtreito III: pp.qq. 7+300 a 11+150, clave PO/12/070.01.3, no concello de Moaña.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Pontevedra da AXI, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de febreiro de 2025

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Clave de obra

Predio

Persoa interesada

PO/12/070.01.3

39

María Táboas Pereira