De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Autovía do corredor do Morrazo CG-4.1. Treito: Enlace Rande-Enlace Cangas. Subtreito I: ppqq 0+000 ao 3+250, de clave PO/12/070.01.1, no concello de Moaña.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Pontevedra da AXI, sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 11 de febreiro de 2025
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Persoa interesada |
|
PO/12/070.01 |
37 CO2 |
Carmen Cosque Estévez |
|
PO/12/070.01 |
37 CO3 |
Carmen Cosque Estévez |
|
PO/12/070.01 |
55 |
Elena Pérez Pastoriza |
