De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal sen que se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.
As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante o Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sito na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 7 planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.
Pontevedra ,11 de febreiro de 2025
César Augusto Pérez Ares
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Persoa interesada |
Procedemento |
|
Cabrera León, Guillermo Enrique |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Cocuy Cubillos, Viviana Marcela |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
López Fernández, Estefani Migdalia |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Nuño Acosta, Edwin Michel |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Sposito Vasconcelos, Hanna Sofía |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Rey, Natalia Sofía |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Súarez Quintero, Valentina |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
