DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2024/178-1).

Expediente: IN407A 2024/178-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CCTT de RBT lugares Castro e Rego da Moa.

Concello: Fene.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse nos lugares de Loira, Rego da Moa e Castro, no concello de Fene, o seu obxecto é a mellora da calidade da subministración nos anteditos lugares e as súas características técnicas son as seguintes:

«Proxéctase a instalación de dous novos centros de transformación:

O CT proxectado núm. 1 será un CT rural de 100 kVA/15 kV.

O CT proxectado núm. 2 será un CT compacto 2L+1P 250 kVA/15 kV.

Proxéctase a instalación un novo XS e un novo PAS de 153 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) Al entre apoio existente AR627Q79//D15, pertencente á LMTA VDC712 e o CT proxectado núm. 1.

Proxéctase a instalación de dous novos PAS en apoio existente AQT22F7M//D24, pertencente á LMTA VDC712 e de 120 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) Al, realizando E/S no CT proxectado núm. 2».

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CCTT e RBT lugares Castro e Rego da Moa

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Fene

Núm. parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Santas 15036A017002730000YL

Rústico agrario

Descoñecido

PAS + LMTS

12.0

36.0

2

Santas 15036A017002710000YQ

Rústico agrario

Víctor Orgeira Rico

CT

24.67

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.