DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Negueira de Muñiz (expediente 2021/49 ATE).

O 21 de setembro de 2023, o Consello da Xunta ditou Acordo polo que se outorgan á empresa Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción, y se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1-58163), no concello de Negueira de Muñiz.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Negueira de Muñiz deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 9 de setembro de 2022 e no Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro de 2022, para que comparezan os días 9, 10 e 11 de abril de 2025 no concello de Negueira de Muñiz, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Negueira de Muñiz estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidera realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de febreiro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Data das actas

Hora

1

25

276

Lameira

Prado

José Manuel Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

1

25

276

Lameiras

Prado

Jaime Amir Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

2

25

277

Lameira

Prado

José María Braña López

9.4.2025

11.30 h

3

25

275

Lameira

Monte baixo

Hros. de Antonio López Nogueiro

9.4.2025

12.00 h

5

25

264

Lameiro

Monte alto

Antonio Lledín Graña

11.4.2025

10.00 h

6

25

263

Lameiro

Monte alto

Antonio Lledín Graña

11.4.2025

10.00 h

7

25

262

Lameira

Monte alto

Benigno López Ron

10.4.2025

10.00 h

9

25

260

Lameira

Monte alto

Nieves Graña Monasterio

10.4.2025

11.00 h

10

25

259

Lameira

Monte alto

Carmen Graña Díaz

10.4.2025

11.15 h

11

25

258

Lameiro

Monte baixo

Benigno López Ron

10.4.2025

10.00 h

12

25

257

Lameira

Monte baixo

Antonio Lledín Graña

11.4.2025

10.00 h

13

25

243

Lameiras

Monte baixo

José Manuel Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

13

25

243

Lameiras

Monte baixo

Jaime Amir Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

14

25

242

Pena do Navallo

Monte baixo

José Manuel Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

14

25

242

Pena do Navallo

Monte baixo

Jaime Amir Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

16

25

240

Pena do Navallo

Monte alto

Hros. de Antonio López Nogueiro

9.4.2025

12.00 h

17

25

222

Eiros

Monte alto

Benigno López Ron

10.4.2025

10.00 h

18

25

221

Eiros

Monte alto

Ángel López Valle

10.4.2025

11.30 h

19

25

220

Eiros

Prado

Hros. de Antonio López Nogueiro

9.4.2025

12.00 h

20

25

219

Vila Bouzán

Monte alto

Hros. de Antonio López Nogueiro

9.4.2025

12.00 h

21

25

218

Vila Bouzán

Monte alto

Adriano Lopez Rodeiro

10.4.2025

12.00 h

23

25

213

Rebalongo

Monte alto

José María Braña López

9.4.2025

11.30 h

24

25

212

Rebalongo

Monte baixo

José Manuel Veiga Lopez (50 %)

9.4.2025

10.00 h

24

25

212

Rebalongo

Monte baixo

Jaime Amir Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

26

25

209

Queimados

Monte baixo

José Manuel Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

26

25

209

Queimados

Monte baixo

Jaime Amir Veiga López (50 %)

9.4.2025

10.00 h

27

25

208

Queimados

Monte alto

José María Braña López

9.4.2025

11.30 h

28

25

205

Queimados

Monte alto

Benigno López Ron

10.4.2025

10.00 h

30

25

198

Telo Prado

Monte alto

Amada Castelao Díaz

11.4.2025

10.45 h

31

25

187

Prado del Cruz

Monte alto

Juan Carlos López Fernández

11.4.2025

11.00 h

32

25

355

Queimado

Monte alto

Carmen Graña Díaz

10.4.2025

11.15 h

33

25

426

Carballo

Monte alto

EDP España, S.A.

11.4.2025

12.45 h

34

25

197

Prado Vello

Monte alto

Descoñecido

11.4.2025

13.30 H

36

26

294

Vale

Monte alto

EDP España, S.A.

11.4.2025

12.45 h

37

26

268

Mouzal

Monte alto

EDP España, S.A.

11.4.2025

12.45 h

39

26

181

Mouzal

Monte alto

Carmen Regueira Nogueiro

11.4.2025

12.00 h

40

26

277

Mouzal

Monte alto

MVMC de Barcela

11.4.2025

11.15 h

43

26

257

Vale

Monte alto

Monte Veciñal en Man Común Foxo e Vilar expediente 135/75

11.4.2025

11.30 h

44

26

59

Campón

Monte baixo

Monte Veciñal en Man Común Foxo e Vilar expediente 135/75

11.4.2025

11.30 h