Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do Coeticor, e visado polo citado colexio profesional o 13.11.2024 co número V240550.
Solicitante: Grupo Antolín Soluciones, S.L.; CIF: B32168809.
Enderezo: estrada Celanova-Ourense. 40, 32800 Celanova.
Denominación: novo centro de transformación LMTS e rede BT que se vai ceder a UFD para alimentación de parcela comercial en San Cibrao das Viñas.
Situación: concello de San Cibrao das Viñas.
Orzamento: 156.054,56 €.
Características técnicas:
– LMTS, a 20 kV, de 300 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²) Al, coa orixe nos empalmes para realizar na rede existente da rúa Ricardo Vidal e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación de manobra exterior (compacto) en caseta prefabricada, que se situará na parcela 32076A004003190000UO, con transformador de 630 kVAs e R/T 20.000/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 27 de xaneiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
