María Eulalia Torres Carro, con DNI 35283665D, como presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas Alto San Martiño (Salcedo-Pontevedra), mediante este anuncio convoco para o día 9 de marzo de 2025, na Casa Verde, sita en Igrexa, 42, Salcedo, ás 10.30 en primeira convocatoria e ás 11.00 en segunda, a asemblea anual ordinaria da Comunidade, conforme a seguinte orde do día:
1º. Lectura da acta da asemblea anterior. Aprobación se procede.
2º. Informe da xestión do ano 2024. Aprobación se procede.
3º. Traballos que se van executar. Aprobación se procede.
4º. Lectura do informe económico das contas anuais, polo tesoureiro. Aprobación se procede.
5º. Orzamento para o ano 2025. Aprobación se procede.
6º. Resultados das análises da auga.
7º. Autorización da asemblea á Xunta Directiva, para solicitar subvencións. Aprobación se procede.
8º. Proposta para que algún usuario pase a participar nas xuntas, con vistas a renovación da directiva.
9º. Rogos e preguntas.
Salcedo-Pontevedra, 3 de febreiro de 2025
María Eulalia Torres Carro
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas Alto de San Martiño
