Isidro Carrera García, con DNI ***0721**, e actuando como presidente da Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 12 de abril de 2025, na Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán (Vigo-Pontevedra), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Estado das contas 2024.
4. Orzamento para o exercicio 2025.
5. Renovación da Xunta Directiva.
6. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude de subvencións e axudas.
7. Ratificación ou modificación, se é o caso, dos límites de consumo de auga.
8. Rogos e preguntas.
Vigo, 29 de xaneiro de 2025
Isidro Carrera García
Presidente da Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira
