No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 15, do 23 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2024 (CL2024O), quenda libre.
O número de prazas/postos, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:
1. Unha praza de técnico/a da Administración xeral, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica e integrada no subgrupo A1 (OEP 2023).
2. Un posto de traballo de coordinador/a de difusión e contidos divulgativos, equivalente ao subgrupo A1 (OEP2024).
O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.
Pontevedra, 3 de febreiro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. núm. 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral
