DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da mazá Z4-R3L zona 4, mazá R3, SURT 1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2024/59).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 5 de febreiro de 2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle da mazá Z4-R3L zona 4, mazá R3, SURT 1 San Pedro de Visma. Xaneiro 2025, promovido por Metrovacesa, S.A., e asinado polos arquitectos Álvaro Pedro Romero Gil-Delgado, co número de colexiado 979 do COAG, e Hugo Romero Novás, co número de colexiado 4.654 do COAG, e deberanse completar as emendas sinaladas no informe municipal do 29.1.2025, de cara á aprobación definitiva do documento.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 10 de febreiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda