DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da selección para a cobertura en interinidade dun logopeda (funcionario/a interino/a) e creación dunha bolsa de agarda na categoría de logopeda.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases reitoras para a cobertura en interinidade dun logopeda (funcionario/a interino/a) e creación dunha bolsa de agarda na categoría de logopeda (grupo A2, nivel 24) aprobada mediante o Decreto da Alcaldía do 18 de decembro de 2024, con carácter interino para a substitución transitoria da persoa titular da praza de logopeda, durante o tempo que dure a baixa por incapacidade temporal daquela, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Cangas, 31 de xaneiro de 2025

Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa