DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Sanxenxo (expediente DH.W36.104606).

Inversiones Campanario, S.L. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Inversiones Campanario, S.L.

Expediente: DH.W36.104606.

Concello: Sanxenxo.

Descrición das obras: construción de vivenda unifamiliar, peche e piscina, na parcela con referencia catastral 6649206NG1964N0001WA.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Sanxenxo ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3, 4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 3 de febreiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur