DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Marín (expediente DH.A36.104866).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María del Carmen Grandal Garrido, en representación da Comunidade de Usuarios Augas do Santo.

Expediente: DH.A36.104866.

Volume total anual: 1.843,60 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,072 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 412, polígono 55 do catastro de Marín.

Lugar: Cabodevila.

Parroquia: Ardán.

Concello: Marín.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta de ladrillo e condúcese a caseta que contén sete depósitos na parcela 222, polígono 55. Desde os depósitos distribúese ás vivendas e parcelas de rega que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de decembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur