En cumprimento do previsto no artigo 144.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Antiga de Paradivas.
Expediente: DH.A36.03807.
Destino: abastecemento.
Orixe: pozo na parcela 1571, polígono 14 do catastro de Caldas de Reis.
Lugar: Paradivas.
Parroquia: Santo André de César.
Concello: Caldas de Reis.
Descrición:
A modificación que solicita consiste na construción dun pozo barrena de 50 m de profundidade desde o que se bombeará auga como apoio ás captacións xa outorgadas á Comunidade na concesión orixinal.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 12 de novembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
