DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14184

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR440D).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: mellorar a competitividade dos viños españois mediante a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países.

– Financiamento: procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Beneficiarias e axudas concedidas:

Nome

NIF

Subvención (€)

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

A36033009

260.765,80

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

102.069,08

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

225.102,60

Bodegas As Laxas, S.A.

A36109775

47.337,00

Bodegas Fillaboa, S.A.

A36692846

16.661,19

HGA Bodegas y Viñedos de Altura, S.L.

B32131047

31.620,00

Adega Ponte da Boga, S.L.

B32244279

36.936,77

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

34.100,00

Lagar de Besada, S.L.

B36306173

6.250,00

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

B36549350

55.432,00

Viñas e Adegas Galegas, S.L.

B94055068

40.846,00

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

11.195,96

CRDO Rías Baixas

Q8655030H

433.518,00