A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de decembro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación cunhas obras realizadas en solo de núcleo rural (expediente CO-0004-2024).
Ao non poder realizar a notificación á Ramamóvil Servicios, S.L., co código de identificación número B15801764, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.
A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar asa alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
