DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Demarcación Centro, polo que se notifica o trámite de audiencia no expediente de extinción da concesión DH.A36.5558.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 35374766F o trámite de audiencia outorgado no expediente de extinción da concesión de clave DH.A36.5558, no lugar de Cardelle, termo municipal da Estrada, e de outorgamento dunha nova concesión coa mesma captación no expediente de clave DH.A36.99325.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou no teléfonos 981 54 47 26.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025

Jesús Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Demarcación Centro de Augas de Galicia