DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14467

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2025 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.- 2025/01-05 para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, nº 4, 32900, San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 20 de febreiro de 2025

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne