DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14466

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante o Decreto 2025-0007, do 18 de febreiro, unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a Socorro Pernas García, con DNI ***9660**, técnica de administración xeral, grupo A, subgrupo A1, da mancomunidade, praza incluída na oferta de emprego público de 2024. O que se fai público en cumprimento do artigo 60.e) da Lei 2/2015.

Triacastela, 20 de febreiro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés