No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 39, do 17 de febreiro de 2025, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen o proceso para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro incluída na oferta de emprego público do ano 2024, que a seguir se sinala:
Acceso libre.
|
Grupo |
Natureza |
Clasificación |
Nº de prazas |
Correspondencia do posto na RPT |
|
GAP |
Persoal laboral |
Escala de Administración especial, subescala servizo especial |
1 |
Operario/a con destino no cemiterio (OP 0.1/138) |
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación, nos termos establecidos nas bases.
Viveiro, 20 de febreiro de 2025
María Loureiro García
Alcaldesa
