DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza, pola quenda de acceso libre, de técnico/a de contratación, incluída na oferta de emprego público de 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 39, do 17 de febreiro de 2025, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2024, que a seguir se sinala:

Acceso libre:

Grupo

Natureza

Clasificación

Nº de prazas

Correspondencia do posto na RPT

A1

Funcionario/a

Escala da Administración xeral, subescala técnica

1

Técnico/a de contratación (SX1.1/005)

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación, nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 20 de febreiro de 2025

María Loureiro García
Alcaldesa