DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de administrativo pola quenda de acceso libre, incluída na oferta de emprego público de 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) núm. 39, do 17 de febreiro de 2025, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen o proceso para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, que a seguir se sinala:

Acceso libre

Grupo

Natureza

Clasificación

Nº de prazas

Correspondencia do posto na RPT

C1

Funcionario/a

Escala de Administración xeral, subescala administrativa

1

Administrativo/a (SX6.2/035)

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación, nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 20 de febreiro de 2025

María Loureiro García
Alcaldesa