DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en procedementos de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante o decretos da Alcaldía que se anexa no cadro adxunto, acordouse ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas, consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas nel.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º do presente artigo, ou ben, tentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto se atopa á súa disposición na Secretaría do Concello de Paderne, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación enténdese producida, podendo o/a interesado/da interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a DNI

2021/X999/000131

5277113NH6957N0001PK

Decreto 45/2025, do 3 de febreiro

Descoñecido

Paderne, 5 de febreiro de 2025

Sergio Platas Casal
Alcalde