Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025000844, do 19 de febreiro, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial de reforma interior POL-35, Mandín (documento NRE 2025001570, do 28 de xaneiro).
De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do concello (www.oleiros.org), na Área de Urbanismo, trámites de información pública, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 20 de febreiro de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
