DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U040/000003).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de decembro de 2024, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos necesarios para a regularización do sistema viario na rúa Emilio González López, de conformidade coas aliñacións establecidas no Plan xeral de ordenación municipal, polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado nº 2261 do COAG), presentado con data 4 de outubro de 2024 (rexistro de entrada núm. 202499900005647), no cal se inclúe a delimitación territorial do ámbito, a descrición de bens e dereitos e titulares afectados, a fixación de prezos e as follas de prezo xusto individualizadas.

Polo que se somete a información pública, por un prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, os titulares dos bens e dereitos afectados son requiridos para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destes. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Predio

Referencia catastral

Titular

Superficie

total (m²)

Superficie afectada (m²)

Clasificación

urbanística

Situación básica

do solo

Outros bens afectados

Ud.

Descrición

1

5541216NH2854S0001BF

Jesús Rodríguez Carballo

407

271

Solo urbano consolidado-ordenanza zonal 2

Urbanizado

2

5541215NH2854S0001AF

Jesús Rodríguez Carballo

417

258

Solo urbano consolidado-ordenanza zonal 2

Urbanizado

3

5540901NH2854S0001RF

Manuel Varela Ponte

759

94

Solo urbano consolidado-ordenanza zonal 2

Urbanizado

84

m² muro de bloque

1

m³ formigón columna

1

Ud. traslado de portal

(chapa 3,60 x 4,50 m)

1

Ud. edificación 36 m² (estrutura de formigón cuberta de fibrocemento)

36

m² soleira formigón

O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 14 de xaneiro de 2024

Mª Belén Lendoiro Esmorís
Primeira tenente de alcalde