DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14457

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e á retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza aos titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o punto 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. castastral

Titular

Acto notificado

2024/V001/000093

15009A003005070000ED

Maseda Filgueiras, Antonia

Requirimento de limpeza de parcela

2024/V001/000093

15009A003004960000EG

En investigación

Requirimento de limpeza de parcela

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza da Constitución (casa do concello), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideraren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 30 de xaneiro de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa