DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14455

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo, resultante do proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal 2022 convocado por este concello.

Unha vez concluído o proceso selectivo referente á convocatoria para prover as prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria de estabilización do emprego temporal 2023 do Concello de Baleira, derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, mediante a Resolución de Alcaldía do 27 de febreiro de 2024, e conforme as propostas do tribunal, resolveuse nomear persoal laboral fixo para as prazas de auxiliar de axuda no fogar, laboral fixo a xornada completa, as seguintes persoas:

M. J. G. P., M. A. L. F., M. L. D. P., D. M. F. Y., E. F. P., E. P. C., A. G. I., M. L. R., T. F. F., M. S. F.

Tendo en conta que unha persoa candidata proposta para o posto de auxiliar de axuda no fogar obtivo unha incapacidade permanente en grao total, que segundo comunicación remitida polo Instituto Nacional da Seguridade Social non se prevé que vaia ser obxecto de revisión por melloría que permita a incorporación ao posto de traballo antes de dous anos, pola Resolución de Alcaldía do 21 de novembro de 2024 acordouse que se proceda á contratación de Sonia Fernández Ares con carácter de persoal laboral fixo do Concello de Baleira, a xornada completa, por ser a seguinte candidata por orde de puntuación segundo a valoración feita polo tribunal.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Baleira, 31 de xaneiro de 2025

Ángel Enrique Martínez-Puga López
Alcalde