En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.
NIF: ***41604**.
Expediente: DH.W15.105666.
Lugar: Monte Redondo.
Parroquia: Cambeda (San Xoán).
Concello: Vimianzo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Renovación tecnolóxica do parque eólico Monte Redondo.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 10 de febreiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
