En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Carlos Fernández Álvarez, en representación da Comunidade de Regantes de Alza.
Expediente: DH.A36.103828.
Volume total anual: 11.267,75 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,48 l/s.
Destino: rega.
Orixe: tres (3) mananciais: M1 a M3, e un pozo.
M1 en parcela 96, polígono 64.
M2 en parcela 95, polígono 64.
M3 en parcela 278, polígono 59.
Pozo na parcela 70, polígono 59.
Todas do Catastro de Vigo.
Lugar: Alza.
Parroquia: Cabral.
Concello: Vigo.
Descrición:
A auga dos tres (3) mananciais cáptase en arquetas de aros de formigón e reúnese para conducila, xunto coa do pozo, a cinco (5) depósitos PE 41 m3 na parcela 70, polígono 59. Desde estes parte a rede de distribución de auga ás parcelas de rega.
O proxecto pode consultarse na sección de Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 12 de novembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
