En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Igrexa, Goleta e Herminde.
Expediente: DH.A36.102812.
Volume total anual: 22.200,60 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,28 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: dez (10) mananciais M1 a M10.
M1 a M7, M9 e M10 en parc. 3, pol. 12 do catastro de Vigo.
M8 en parc. 12, pol. 11 do catastro de Vigo.
Lugar: Ermide.
Parroquia: Candeán.
Concello: Vigo.
Descrición:
A auga dos mananciais M1 a M4 reúnese para conducila a depósitos 1 e 2 en parc. 11, pol. 11. Segue a arqueta onde se reúne coa do resto de captacións e desde a que se distribúe parte da auga. O resto segue a depósito 3, en parc. 85, pol. 11. Deste parte unha segunda rede de distribución ás vivendas e locais que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 15 de xaneiro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
