DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos da Fonsagrada e Pol (expediente IN407A 2024/119 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: aumento de potencia do CT 14412 Lúa 2 Orán e CT 9351 Silvadrosa da LAT 20 kV Fonsagrada 2.

Situación: concellos da Fonsagrada e Pol.

Características técnicas principais:

• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 14412 Lúa 2 Orán, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución do apoio de formigón existente por un de celosía tipo C-3000-14, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalamento, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Liña aérea de alta tensión 20 kV Fonsagrada 2 con orixe no apoio existente A84606/S28263 e final no CTI 14412 Lúa 2 Orán, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo LA-56.

• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 9351 Silvadrosa, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalamento, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Finalidade da instalación: mellora da instalación.

– Orzamento: 31.205,03 €

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello da Fonsagrada.

• Separata para o Concello de Pol.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 13 de febreiro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo