DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/87-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA2801-apoio 9PKS8W//16», no concello de Noia (expediente IN407A 2022/87-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, que exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 14 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/87-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMT TA2801-apoio 9PKS8W//16.

Concello: Noia.

Nº predio

Concello

Lugar

D. catastrais

Titular

Data

Hora

1

Noia

A Portela

15058A010012750000QY

Descoñecido

10.4.2025

11.00

2

Noia

A Portela

15058A010012740000QB

Descoñecido

10.4.2025

11.00

3

Noia

Fontiña

15058A010012900000QK

Descoñecido

10.4.2025

11.15