Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a as persoas interesadas e, particularmente, á relacionada no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT lugar Recesende, no concello de Teo; acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa titular do ben ou dereitos afectados por si ou representada por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 14 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº predio |
Concello |
Lugar |
Datos catastrais |
Titular |
Data |
Hora |
|
2 |
Teo |
Meixande |
Polígono 503, parcela 639 |
Josefina Garabal Villar |
31.3.2025 |
10.15 |
