No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 166, do 29.8.2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 21.8.2024, modificadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 8.11.2024, e publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 224, do 20.11.2024, relativas á seguinte convocatoria:
– 11 prazas de subalterno/a, quenda libre (agrupacións profesionais), C.E. 7/24.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
