DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000014, FG número 740.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025000814, do 18 de febreiro, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle na rúa Cabezudo (documento NRE 20254002541, do 11 de febreiro).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do Concello www.oleiros.org, na Sección de Urbanismo, trámite de información pública, durante o prazo dun mes, para que se presenten as alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 19 de febreiro de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente