DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14661

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se vai notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(expte. 137-2025)

Resolución de inicio O.E.
do 23.1.2025

36043A024013490000JX

36043A024013490001KM (polígono 24-parcela 1349)

Tourón

Ponte Caldelas

Cándida Baqueiro

Orde de execución

(Expte. 140-2025)

Resolución de inicio O.E.
do 27.1.2025

36043A013000170000JM 

(polígono 13-parcela 17)

Tourón

Ponte Caldelas

Concepción Rodríguez Franco

Orde de execución

(expte. 138-2025)

Resolución de inicio O.E.
do 27.1.2025

36043A014000430000JU

(polígono 14-parcela 43)

Tourón

Ponte Caldelas

Policarpo Rodríguez Estévez

Orde de execución

(expte. 1647-2024)

Resolución de inicio O.E.
do 31.1.2025

36043A014000790000JB (polígono 14-parcela 79)

Tourón

Ponte Caldelas

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, e que os custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 3 de febreiro de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente