O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 7 de xaneiro de 2025, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán o procedemento para o alleamento, mediante poxa pública á alza en sobre pechado, da parcela municipal número 3 do Proxecto de compensación do PP Gandariña 2 (número 253 do IPMS) e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación por medio da publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 2225/433).
Datos xerais do procedemento:
Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).
Parcela que se vai allear: parcela 253 do IPMS, que se corresponde coa parcela número 3 do PC do PP Gandariña, 2 (parque empresarial Meixoeiro).
Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.
Modalidade de alleamento: poxa pública á alza en sobre pechado.
Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil de contratante da Xerencia de Urbanismo, https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/DcexCoAgEADQr2m-oCEIGqqxtoLU7UCLKz2ljgK_vt72wIACw_jQjkKR0f_X1rnkic8muWsjP0SWCwVZHKxgwJDtE-hbj9MrRRkPn3mOi6pyUdZv17aQQug-9lzFuQ!!/
Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria ben no BOPPO ou no DOG.
Lugar de presentación de ofertas: luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas.
*Presentación por outros medios segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por correo electrónico, ao enderezo urb.scentrais@vigo.org
Forma de presentación de ofertas: a indicada no número 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.
Lugar e día do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, nos vinte días hábiles seguintes á conclusión do prazo de admisión das diferentes ofertas. As posibles variacións serán publicadas no perfil de contratante.
Descrición da parcela municipal:
Parcela 253 do PMS: parcela número 3 do PC do PP Gandariña 2.
Situación: parque empresarial Meixoeiro de Vigo.
Ref. catastral: 6139101NG2764S0001RZ.
Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número 2, tomo 2634, libro 1411, folio 83, predio rexistral 77117.
Cargas e gravames: véxase descrición completa.
Tipo mínimo de licitación: 1.033.361,70 euros (máis IVE).
Vigo, 31 de xaneiro de 2025
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada de Urbanismo e Vivenda
