DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de trece prazas de administrativo/a, quenda libre (subgrupo C1), C.E. 9/24.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 171, do 5.9.2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 30.8.2024, relativas á seguinte convocatoria:

– 13 prazas de administrativo/a, quenda libre (subgrupo C1), C.E. 9/24.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica