DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de enxeñeiro/técnico/a de obras públicas, quenda libre (subgrupo A2), C.E. 12/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 172, do 6.9.2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno local, do 5.9.2024, modificadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno local, do 17.10.2024 e publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 207, do 25.10.2024, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, quenda libre (subgrupo A2), C.E. 12/21.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica