DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2025 Páx. 14655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de técnico/a superior de economía, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 13/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 173, do 9.9.2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno local, do 5.9.2024, relativas á seguinte convocatoria:

• 2 prazas de técnico/a superior de economía, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 13/21.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica